O servizo municipal de mantemento de beirarrúas e viarios segue as súas intervencións no barrio de Caranza
O servizo municipal de Obras, Reparacións e Mantemento do Concello de Ferrol segue hoxe a realizar actuacións de aglomerado de viarios e de reparación de beirarrúas en Caranza.
Así, os operarios de “Misturas S.A”, empresa adxudicataria do servizo, teñen previsto para o día de hoxe intervencións de asfaltado e aglomerado nas vivendas de Bazán e na Avenida de Castelao. Tamén están programadas para esta xornada obras de mantemento nas beirarrúas da Avenida de Castelao.











