O Servizo Municipal de Emprego informa das accións formativas da Rede Xiana a desempregados
O Concello de Neda informou esta mañá de que os veciños e veciñas da localidade en situación de desemprego poden optar ás accións formativas da Rede Xiana 2 que se van desenvolver nos municipios da área de influencia –Ares, Fene, Mugardos, Narón, San Sadurniño e Valdoviño-. O programa de Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego está cofinanciado pola Deputación provincial da Coruña e o Fondo Social Europeo. Así, as persoas interesadas tan só deben acudir ao Servizo Municipal de Emprego e Desenvolvemento Local, ubicado na primeira pranta da Casa do Concello. De luns a venres e en horario de mañá, obterán a oportuna información, namentras que o prazo de inscripción permanecerá aberto entre o 15 de abril e o 3 de maio.
Deste xeito, as persoas participantes formarán parte dos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizada e de xeito permanente ao longo de todo o itinerario.
O obxetivo final consiste nunha maior proesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto Rede Xiana 2.











