O servizo de reparación de viarios de Ferrol amplía ás súas actuacións á Praza de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Inicio das tarefas de melloras viarias

Inicio das tarefas de melloras viarias

O servizo de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios e Beirarrúas do Concello de Ferrol leva a cabo intervencións de aglomerado en asfaltado nos barrios de Ultramar e Ferrol Vello; e na zona da praza de España. En concreto, no caso da praza de España, os operarios da empresa “Misturas S.A”, empresa adxudicataria da prestación municipal, comezou a primeira hora desta mañá o asfaltado na saída do túnel da praza, á altura da Biblioteca Municipal.

Así mesmo, a planificación de obras para a xornada de hoxe tamén inclúe a continuidade nas tarefas de mantemento en Ferrol Vello e Ultramar. No caso de Ultramar, as tarefas que se executan son as que quedaron pendentes dentro do Plan de Barrios debido ás malas condicións climáticas da semana pasada.

16 de abril de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.