O servizo de obras e reparación de viarios de ferrol regresa ao barrio de Ultramar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios e Beirarrúas do Concello de Ferrol leva a cabo intervencións de aglomerado en asfaltado nos barrios de Ultramar e Ferrol Vello. En concreto, no caso de Ultramar, os operarios da empresa “Misturas S.A”, empresa adxudicataria da prestación municipal, comezou hoxe a executar as tarefas que quedaron pendentes dentro do Plan de Barrios debido ás malas condicións climáticas.

Asi, segundo a previsión remitida por Misturas, hoxe están a traballar no arranxo de viarios nas seguintes rúas de Ultramar: Ponzos, Manuel Belando e Caballo Branco. Así mesmo, a planificación de obras para a xornada de hoxe tamén inclúe tarefas de mantemento en Ferrol Vello.

15 de abril de 2013 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.