O servizo de obras de Ferrol traballa na saída do túnel da Avenida do Rei
O servizo de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios e Beirarrúas do Concello de Ferrol leva a cabo intervencións de aglomerado en asfaltado na zona da praza de España. En concreto, e despois de deixar lista na xornada de onte o pavimento da saída do túnel á altura da biblioteca municipal, os operarios da empresa “Misturas S.A” -empresa adxudicataria da prestación municipal- comezou a primeira hora desta mañá o asfaltado na entrada e saída do túnel da Avenida do Rei.
Así mesmo, a planificación de obras para a xornada de hoxe tamén inclúe a as tarefas de mantemento no barrio de Ultramar. En concreto, as actuacións de aglomerado e asfaltado serán no túnel da rúa Nova de Caranza. O plan de actuación para hoxe contempla que estes traballos de reparación do asfaltado neste punto dean comezo esta mesma tarde.











