O servizo de mantemento de viarios de Ferrol centra as súas intervencións no barrio de Ultramar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, está a centrar estes días os seus traballos en actuacións de reparación de baldosas e beirarrúas, segundo a planificación elaborada polos técnicos municipais atendendo a criterios de urxencia. En concreto, os operarios de “Misturas S.A” traballarán esta semana na reparación de beirarrúas situadas no barrio de Ultramar.

Así, as cousas, e segundo a programación de traballos feita, ao longo da a xornada de hoxe, intervirase nas beirarrúas de Sánchez Calviño e Nova de Caranza.

3 de abril de 2013 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.