O servizo de mantemento de viarios de Ferrol actúa nos barrios de Caranza e Ultramar
O novo servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento do Concello de Ferrol continúa intensificando a súa actividade, e aproveita a mellora das condicións climatolóxicas –especialmente- a ausencia de chuvia para retomar as actuacións de asfaltado e aglomerado. Algunhas destas intervencións correspóndense coas previstas no Plan de Barrios e que quedaron pendentes de materializar debido ao mal tempo.
Así, e segundo a previsión de traballos facilitada polos técnicos municipais aos operarios de “Misturas S.A”, empresa adxudicataria do servizo de mantemento de viarios e beirarrúas, na xornada de hoxe os puntos de intervención son os seguintes:
– Actuacións de aglomerado na rotonda do diapasón (Caranza) e na estrada da Graña.
– Obras de mantemento con hormigón na rúa Ponzos (Ultramar).
– Reparación de beirrarúas na avenida Castelao (Caranza).
Dende o servizo de Obras, Reparación e Mantemento informase que estos traballos conlevan a continuidade do peche ao tráfico rodado da rúa Ponzos. Na glorieta do diapasón non está previsto que se corte a circulación rodada, senón que primeiro se desviará o tráfico para un carril e logo para o outro segundo avancen os traballos.











