O Rali de Lacón de Históricos encheu O Carballiño de xoias automobilísticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalO Carballiño
A-
A+
Un dos vehículos históricos participantes

Un dos vehículos históricos participantes

Ás 11:00 horas do sábado daba a saída o Rali de Históricos do Carballiño, que contou para dar a saída aos primeiros participantes coa presenza dunha lenda do deporte do motor no Carballiño, José María Magdaleno, acompañado polo alcalde da vila e o edil de Deportes.

Xaguar, Opel, Mini, BMW, circularon polas rúas da vila carballliñesa, para o deleite de veciños e afeccionados. Tras un percorrido pola bisbarra, volverán ás 19:00 horas ao Carballiño onde celebrarán a cea final do rali, e o entrega dos premios.

Esta concentración estivo organizada pola asociación de Clásicos Arenteiro, que este ano está a levar o nome da Festa do Polbo por todas as probas galegas, e de fóra da comunidade.

15 de abril de 2013 | 09:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.