O proxecto “Espello deportivo” chega ao Concello de Xove da man de Chano Rodríguez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalXove
A-
A+

A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, trae o seu  proxecto Espello Deportivo ao Concello de Xove, a través dunha subvención concedida á Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. Trátase dunha iniciativa dirixida a dinamizar a lingua galega no ámbito do deporte na que participan medallistas paralímpicos e o actor ourensán Rubén Ríos.

Neste caso o deportista conferenciante é Chano Rodríguez, deportista que sufriu unha parálise nas súas pernas e fixo do deporte o seu medio de rehabilitación tanto físico como mental. Neste proceso, comeza a nadar, tomándose tan en serio a súa carreira de natación que consegue clasificarse para os Xogos Olímpicos de Sidney no ano 2000, obtendo 5 medallas de ouro.  Posteriormente en Atenas, 3 ouros e un bronce. Pekín: 2 pratas e 2 bronces e en  Londres 2 prata e un bronce. Converténdose así, no segundo deportista español con máis medallas paralímpicas de toda a historia.

Xunto a este deportista estará o actor e produtor galego de cine e televisión Rubén Ríos, coñecido polo papel de Marcos na serie da TVG “Libro de Familia”, quen participa activamente neste proxecto co súa produtora Cloqueta Coqueta.

A conferencia terá lugar o próximo venres ás 17:00h no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Dende o Concello de Xove animamos a todas as persoas a participar nesta conferencia, para escoitar de primeira man a testemuña dun deportista desta índole.

17 de abril de 2013 | 15:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.