O proxecto “Descobre o teu talento profesional” chega a Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoLocal
A-
A+

Este é un novo e moderno servizo que está dirixido a persoas con ou sen experiencia e que se encontran tanto en situación de desemprego coma aos traballadores en activo. O que se busca é a través de expertos profesionais de descubrir as fortalezas de cada persoa e as súas áreas de mellora que lle axuden a inserirse no mundo laboral ou ben que reforcen a súa posición.

Grazas a este novo sistema de autoavaliación, obterase un autocoñecemento que lle permitirá afrontar con maiores garantías de éxitodistintos proxectos: desenvolvemento profesional, procesos selectivos, formación, coaching, etc…

Este método será desenvolvido na provincia de Pontevedra por unha empresa consultora, que ofrece a posibilidade de realizar un cuestionario de personalidade laboral. Esta empresa a través dunha retroacción individualizada proporcionará aos usuarios unha información detallada sobre as súas fortalezas e áreas de desenvolvemento, utilizando técnicas de selección e coaching. Esta empresa ofrece a posibilidade de realizar o cuestionario de forma presencial ou on-line.

12 de abril de 2013 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.