O programa de ocio xuvenil “Ardora” comeza este sábado cun total de 9 obradoiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O concelleiro de Xuventude do Concello de Ferrol, Borja Carro Muñoz, deu a coñecer hoxe o cotido do novo programa de ocio xuvenil “Ardora”, que comezará pasadomañá sábado, día 20, e se prolongará ata o vindeiro 15 de xuño. A edición deste ano desenvolverase os venres e sábado, en horario de mañá e tarde, na Casa da Xuventude. Todos os talleres e actividades son gratuítas.

Así, a nova programación acolle nove ofertas de ocio para os mozos e mozas de Ferrol. Esta é a seguinte: Taller de pinturas en miniatura, no que os participantes aprenderán técnicas de pintado de Wargames; Decoración de galletas; Taller de Patchwork fácil; Obradoiro de chapas, xa presente en edicións pasadas; Danzas Urbanas (Street Dance) e Flashmob; Taller de Risoterapia; III Rally Fotográfico Cidade de Ferrol, un concurso fotográfico que despois será exposto na Casa da Xuventude; Actividades de moda e publicidade, integrado por talleres como “Customiza a túa roupa” ou “Crea o teu propio blog”; e Taller de Scrapbooking, no que se elaborará un mini-álbum utilizando diferentes técnicas e materiais.

O edil de Xuventude lembrou que, ao igual que en edicións anteriores, o Concello de Ferrol abriu o Ardora á participación da mocidade, as asociacións xuvenís e as empresas, que puideron presentar propostas, ideas e proxectos para esta iniciativa de ocio xuvenil.

18 de abril de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.