O prazo para inscribirse nas accións formativas do proxecto Rede Xiana 2 remata o vindeiro venres
O Concello de Ares lembra que o prazo de inscripción para participar nas acción formativas da Rede Xiana 2, un proxecto no que a institución municipal colabora coa Deputación Provincial. Éste vai dirixido a persoas desempregadas deste municipio e dos outros que integran dito proxecto e, no caso de Ares, o Concello achegará as súas instalacións municipais para a impartición de Capacitación, Preformación e Formación Complementaria.
A persoas participantes pasarán a integrar os itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos que poderán recibir a formación axeitada ás súas necesidades formativas así como a orientación e titorización individualizada ao longo de todo o itinerario.
As persoas interesadas en recibir máis información ao respecto ou en realizar a inscripción poderán dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local deste Concello ou de calquer outro dos que colaboran (Fene, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño e Valdoviño).
Hai que lembrar que o obxectivo final desta iniciativa pasa por acadar unha maior profesionalización dos desempregados e desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, tal e como quedou plasmado no Pacto Provincial polo Emprego Responsable, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 51.000 habitantes que participan no proxecto Rede Xiana 2.











