O Plan RUA actuará na zona de Lonzas durante os próximos tres días

Visita a zona de traballo do plan RUA
O Concello da Coruña informa de que dende hoxe xoves, 18 de abril, e ata o sábado día 20, o Plan RUA realizará unha actuación integral na zona de Lonzas. Durante os próximos tres días esta iniciativa chegará a un total de nove rúas e seis prazas.
Nesta zona realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de rúas, de áreas infantís e de rede de sumidoiros; mantemento de fontes; reposición de colectores, papeleiras, bancos, varandas e morróns; reparacións de iluminación, pavimentos e beirarrúas, entre outras. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sostibles e ordenados coa colaboración dos veciños.
O Plan RUA permanecerá neste barrio ata o próximo 20 de abril e retomará a súa actividade o día 22 no ámbito de Catro Camiños. A segunda fase continuará con actuacións en Durmideiras (do 27 ao 30 de abril), Palavea (do 2 ao 4 de maio) e Os Rosales (do 6 ao 13 de maio), onde concluirá despois de 36 días de actividade.











