O PCT Puertas de Galicia presenta o seu intranet corporativo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

O Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia presentou, na xornada de onte, o seu novo intranet corporativo co que traballarán en rede os doce concellos das bisbarras de Monterrei e Conso-Frieiras.

Durante a devandita presentación, á que asistiron os técnicos de turismo e cultura dos concellos, realizouse unha xornada de traballo na que a representante da empresa contratada, MIP Tecnoloxía, lles explico a estrutura da ferramenta e o seu funcionamento.

Os obxectivos do Intranet son os seguintes:

– Dotar os concellos dunha ferramenta informática coa que poidan traballar conxuntamente os técnicos.

– Unificar o xeito de traballar das oficinas proporcionando un catálogo de procedementos.

– Facilitar o intercambio de información turística (catálogos, folletos, eventos, comunicados, etc).

– Axilizar procesos internos de xestión (control de stocks de catálogos, actualización de información, etc).

– Recollida de datos do visitante, enquisas de satisfacción e explotación estatística desta información.

– Xestión da documentación do sistema de calidade.

– Xestionar toda a información achegada polos técnicos e alimentar a páxina web e a App del Plan de Turismo Puertas de Galicia.

O Plan de Competitividade Puertas de Galicia está promovido por Turespaña, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e doce municipios (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Puertas de Galicia. Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.

30 de abril de 2013 | 12:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.