O patinaxe coruñés deuse cita na XIV Exhibición Municipal de Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralDeportesLocal
A-
A+
Unha das exhibicións

Unha das exhibicións

O pavillón municipal de Carral acolleu o sábado 20 de abril, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto organizado polo Concello de Carral e o club de patinaxe “Alquimia”, deu comezo ás 17.00 h para rematar sobre as 18.30 h., momento no que todos os participantes recibiron un diploma conmemorativo.

Nesta xa clásica cita deportiva, puidemos contar coa presenza de 7 clubs de patinaxe, colexios e escolas deportivas municipais de diversos puntos da xeografía provincial – C.I.P. Campomaior de Ordes, o C.P. Alquimia de Ordes, a A.D. Liceo, o C.I.P. Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás, o C.I.P Emilio González López de Brexo Lema, o C.P. Alquimia de Carral e a E.D.M. de Carral-. En total reuníronse 209 patinadores de idades comprendidas entre os 4 e 27 anos e moitos máis acompañantes (ao redor de 450 familiares). Conseguiuse así reunir unha gran mostra representativa da patinaxe coruñesa, que nos mostraron as súas habilidades sobre as oito rodas o longo das 16 actuacións das que constou o certame. En primeiro lugar foron as máis pequenas as que nos mostraron as súas aprendizaxes nestes meses de adestramento. Tomoulles o relevo as patinadoras infantís e por último non mostraron as súas destrezas as “veteranas” da especialidade.

Tamén temos destacar e agradecer, por parte do C.P. Alquimia de Carral, a presenza da parella de danza, formada por Alberto Artigas e Raquel Rodríguez (Campións galegos en 2011 e 2012, terceiros no campionato de España en 2011 e actuais subcampions en 2012). Tamén do C.P. Alquimia de Carral, estivo presente Víctor Abad, (subcampión galego 2012) e por parte da A.D. Liceo, tivemos o pracer de contar coa parella de danza composta por Irene Fernández e David Salido (Campións galegos e subcampions de España no 2012). Todos estes deportistas de talle internacional mostráronnos unha pequena parte da súa mestría no deporte do patín, para motivar e alentar os novos patinadores, actuacións que ao mesmo tempo entusiasmaron ao público asistente.

Por outro lado, a concellaría de deportes, está a ultimar os preparativos para a realización do seguinte evento deportivo; o Certame anual de Ximnasia Rítmica, que terá lugar o próximo 4 de maio tamén no pavillón de “O Espiño” e na que se espera contar coa presenza de ao redor de 150 nenas.

Todas estas actividades transcorren dentro do programa de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral, mediante o seu departamento de deportes, está a desenvolver durante este ano 2013. Con este programa deportivo, a autoridade municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo municipal e en especial entre un sector da poboación tan sensible como é o infantil.

24 de abril de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.