O musical “El Mago de Oz” visita o vindeiro domingo Ourense
O Auditorio Municipal acolle este domingo día 28 de abril unha representación do clásico de L. Frank Baum El Mago de Oz. Desta forma pais, nais, avoas, avós e sobre todo nenos e nenas poderán gozar a partir das 17.00 h das aventuras desta historia convertida en musical, pero que tamén inclúe novidades como maxia e humor entre outras sorpresas.
O espectáculo representa unha mestura do teatro moderno co teatro familiar, e cunha importante posta en escea, utilizando proxeccións audiovisuais e unha sinxela escenografía que centra a atención no máis importante: os actores. Desta forma El mago de Oz, conta a rocambolesca aventura de Dorothy, unha nena que vive nunha pradera de Kansas, e vese transportada por un tornado ata o mundo de Oz, un lugar máxico onde todos os soños poden facerse realidade.
O musical contén todas as chaves da narrativa tradicional – seus símbolos e valores -, pero á súa vez explora novos camiños para achegarse ao exixente público do s. XXI. A través da historia e dos personaxes, a obra pretende humanizar a maxia e atender as necesidades do público adulto, eterno esquecido neste tipo de espectáculos, para que toda a familia disfrute dunha experiencia compartida.
El Mago de Oz, visita Ourense tras catro anos de percorrido e máis de 800 funcións por toda España, que atestiguan o éxito deste clásico. As entradas teñen un prezo de 16 €, e están á venda en www.servinova.com ou na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.











