O Museo do Traxe celebrará este venres o Día Internacional da Danza cun ensaio de Sementes da Arte

Ensaio en anos anteriores
Con motivo do Día Internacional da Danza que se celebrará mundialmente o 29 de abril, este próximo venres o Museo do Traxe Juanjo Liñares acollerá un ensaio aberto ao público da agrupación folclórico e cultural Sementes da Arte. Terá lugar a partir das 19.30 horas nas inmediacións do propio museo, ubicado no Campo da Feira, e para elo contarán coa participación do grupo de gaitas ‘Os Viqueiras’.
“Trátase dunha costume que adoutamos dende que o museo abriu as súas portas hai xa 4 anos. Queremos que veciños, veciñas ou visitantes de calquera idade se acheguen onda nós e coñezan de primeira man a nosa danza e que poidan participar dela”, asegura Manuel Viqueira, director tanto do museo como de Sementes da Arte. No programa tamén figura a lectura dun manifesto en defensa da arte da danza e da súa importancia “como modo de expresión e de comunicación, así como compoñente imprescindible na idiosincrasia de calquera pobo”, puntualiza Manuel Viqueira.











