O martes 30 de abril abre a mostra “Neolítico de nómadas a sedentarios” en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLugo
A-
A+

O próximo martes 30 de abril abriranse as portas da exposición Neolítico, de nómadas a sedentarios instalada na Praza Horta do Seminario, e que un ano máis, La Caixa, achega a Lugo ata o 30 de maio.

Trátase dunha exposición orientada a todos os públicos e interactiva que achega o modo de vida das comunidades neolíticas a todos os lucenses que teñan curiosidade por coñecer este modo de vida prehistórica. A través de diferentes formas artísticas, tecnolóxicas, culturais e rituais das primeiras comunidades neolíticas, que abrangue un periodo de entre 13.000 e 5.000 anos,  e mostra o modo de vida dos últimos cazadores ata as primeiras sociedade urbanas.

A través dun conxunto de materiais representativos que aparecen na exposición con rigor e accesibilidade, como son os vasos cerámicos, ferramentas de pedra tallada e pulida, ilustración de poboados, escenografías de de covas e vivendas, esculturas humanas e de animais en tamaño natural entre outras, poderase comprobar o cambio tan importante para a evolución do ser humano como foi pasar de vivir en sociedade nómadas a sedentarios.

A exposición estará aberta en horario de luns a venres de 12:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas e os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21 horas.

24 de abril de 2013 | 15:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.