O luns comenza a funcionar en Mos o Servizo Provincial de Recollida de Animais Abandados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Medio Ambiente, Julia Loureiro, informaron hoxe de que o vindeiro luns, día 8 de abril, entrará en marcha no municipio o Servizo Provincial de Recollida de Animais Abandonados.

Gracias ó Convenio Marco de Adhesión a este servizo asinado polo Concello de Mos, a administración local mosense logra aforrar un 75%, xa que pasa de pagar os 16.000 euros anuais que cobraba a empresa contratada para a xestión do mesmo, a pagar 4.000 euros por medio do Servizo Provincial.

Como se pode observar, o servizo de recollida de animais ten un elevado custo económico para un Concello e, a través do Convenio do Servizo Provincial, os municipios pontevedreses con menos de 50.000 habitantes, tal é o caso de Mos con preto de 15.000 veciños, poden reducir custes na recollida de animais abandoados.

O importante aforro neste servizo ven dado pola prestación conxunta do mesmo en varios municipios e pola achega económica da Deputación Provincial.

Os animais domésticos abandonados recollidos por este servizo de lacería da Deputación de Pontevedra no termo municipal de Mos pasarán a ser xestionados polo Centro de acollida e protección animal de Armenteira. Este Centro de acollida e protección de animais abandonados, que está xestionado pola empresa pública estatal TRAGSA, será un referente a nivel provincial xa que é o primeiro centro público destas características autorizado pola Xunta de Galicia en Pontevedra e que no mesmo a Deputación Provincial garantirá o máximo respecto ás necesidades, o benestar e dereitos dos animais adiantándose ó marco xurídico solicitado na resolución de xullo de 2012 da Eurocámara.

Os teléfonos de contacto ós que chamar a partir do vindeiro luns para solicitar o servizo de lacería son os seguintes: 606 803 081 e 981 953 558.

5 de abril de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.