O I Enduro Vila de Neda prevé a participación duns 140 pilotos chegados de España e Portugal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalNeda
A-
A+

17042013-4Neda acollerá o próximo 28 de abril a primeira edición do Enduro Vila de Neda. Promovida pola Liga Galega de Moto de Campo e a colaboración do Concello, a competición contará coa presenza de pilotos da categoría de Daniel Carracedo, con experiencia no Mundial de Enduro e nos Six Days. O circuito consta dun percorrido de 40 quilómetros de monte con varias zonas de dificultade técnica e outros 7,5 divididos en dous tramos crono-metrados polo Coto de Ancos e Marraxón. Lugares dun atractivo natural impresionante que pilotos e público asistente poderán descubrir o día 28.

O calendario principiará ás 8 horas, coas verificacións técnicas e administrativas no adro da igrexa de Santa María. No mesmo escenario, pero a partires das 11,30 horas, a proba dará comezo coa saída do primeiro piloto. E, en torno ás 17,30 horas, prevese o acto de entrega de premios na praza da Casa do Concello.

Aínda que o prazo de inscripción permanecerá aberto ata o xoves, 25 de abril, a día de hoxe uns 80 pilotos do territorio nacional e de Portugal formalizaron a súa participación. Esa positiva cifra invita aos organizadores a prever o concurso duns 140 pilotos. As persoas interesadas deben anotarse no seguinte enderezo electrónico: http://motodecampogalega.blogspot.com.es. A competición consta de oito categorías: clásica, fémina, élite, enduro 1, enduro 2, enduro 3, veteráns e endureiros.

17 de abril de 2013 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.