O Grupo de Teatro da Rocha representa “A culpa foi do cha-cha-cha” en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSantiago de Compostela
A-
A+

O grupo de teatro do Local Sociocultural da Rocha representa “A culpa foi do cha-cha-cha”. A cita será mañá mércores, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

O Grupo de Teatro do LSC de A Rocha ataca de novo cun texto orixinal. Nunha liña ascendente, o grupo acada máis madurez e un estilo persoal onde o humor popular, a realidade e a esperanza están ao servizo do disfrute na escena e nas butacas.

Esta actividade busca o intercambio de experiencias e a visibilización dos traballos dos grupos de teatro xurdidos nos centros socioculturais, ao amparo dos clubs de teatro regulares. Estes clubs, promovidos polo Concello,  funcionan durante todo o curso sociocultural.

9 de abril de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.