O Goberno local informa de cambios provisionais de tráfico na cidade
O Concello, a través da Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público, informa de que será preciso realizar modificacións na circulación dentro da zona urbana.
– Os traballos de canalización da rede de Gas Galicia na rúa Maestranza prolónganse ata o próximo venres, 26 de abril. Por este motivo, será necesario ocupar o carril de circulación entre os números 24 e 28, informando dos desvíos na circulación a través de sinais.
– En Palavea, o avance da obra da condución principal de abastecemento de auga Alvedro-Monte Mero que desenvolve Emalcsa require, a partir de mañá, xoves 25 de abril, o corte do ramal de conexión da glorieta situada ante o centro comercial Alcampo, coa N-550 en dirección ao aeroporto. Habilitarase un carril de conexión fronte á gasolineira e non afectará á comunicación co paso inferior. Instalaranse paneis informativos na zona para indicar o novo enlace e o tránsito peonil garantirase en todo momento. A previsión é que as obras rematen o 31 de maio.











