O Goberno Local aproba a licenza para a realización do laboratorio de saúde pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

O Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno celebrada esta mañá e da que destaca a aprobación da licenza de obra solicitada pola Conselleria de Sanidade e Servizos Sociais para a remodelación parcial, reforma e acondicionamenrto do edificio destinado a laboratorio de saúde pública situado na rúa Montevideo. O presuposto da obra é de 432.014 euros e o prazo para a realización da obra é de 24 meses.

Luis Álvarez manifestou que “se trata dun laboratorio que vai ser de referencia para toda a Comunidade Autónoma e entendemos que se trata dunha actuación prioritaria para os intereses desta cidade e por parte deste Goberno actuouse coa máxima dilixencia posible para que se realice o antes posible.”

Outro dos temas aprobados foi a apertura do procedemento de licitación para a autorización de instalación de restaurantes, postos de elaboración de comidas e atraccións infantil durante o Arde Lucus 2013.

Os titulares da autorización denerán pagar unha taxa fixa por aproveitamento de vía pública e por outro lado deberan engadir un canon como contraprestación ao beneficio obtido polos adxudicatarios dos postos e que será a decisiva á hora da adxudicación.

As zonas onde se van instalar son 3 parcelas para restaurantes, 2 na Praza Anxo Fernández Gómez, e outra na Praza da Soidade; 6 parcelas para postos de elaboración de comida, todas elas na praza da Soidade agás unha que será na Explanada do Pavillón Municipal; e unha atracción infantil na Praza da Constitución. A autorización da ocupación terá unha vixencia durante a festa do Arde Lucus 2013 e prorrogable ano a ano a ta un máximo de 3 en total.

10 de abril de 2013 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.