O Fórum Metropolitano da Coruña acolle un encontro coa escritora Nieves Abarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocal
A-
A+

17042013-6A Concellaría de Cultura informa de que mañá, xoves 18 de abril, a Biblioteca do Fórum Metropolitano organiza, a partir das 19.30 horas, un encontro coa escritora coruñesa Nievas Abarca, autora do libro Crímenes Exquisitos, publicado e presentado pola editorial Versátil en 2012.

Neves Abarca é coautora, xunto a Vicente Garrido, da obra Crimes Exquisitos, un libro que narra a historia do peculiar crime de Lidia Naveira, unha moza galega que desaparece unha mañá de xuño antes de ir a clase.
A simple vista, trátase dunha historia dun asasinato como outra calquera. Pero non é así. A novela está case integramente ambientada na cidade da Coruña e os seus arredores.

Neves Abarca estudou Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Cun máster en Periodismo e especialista en Perfís Criminais, traballou en diversos medios de comunicación na Coruña e Ponferrada. Durante 13 anos traballou nun cuartel da Policía Local e é unha lectora incansable da novela negra e criminal.

17 de abril de 2013 | 11:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.