O Fondo Galego de Cooperación celebrou en Santiago a súa Asemblea Xeral
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu na sede da FEGAMP á Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación. O Concello de Santiago é socio desta organización, á que está adherida dende o ano 1999. A sesión arrincou co informe de situación da Comisión Executiva, titulado Somos os que estamos: o municipalismo galego e a solidariedade. Tras a intervención da presidenta do Fondo Galego, Teresa París, deuse paso á aprobación do balance económico de 2012. Ratificáronse a continuación as baixas solicitadas e expúxose, por último, o plan de actuación do ano en curso.











