O festival Sereas e Piratas de Carballo celebrarase o 27 de xullo na que será a súa 8ª edición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarballoLocal
A-
A+

O xa consolidado Sereas e Piratas que se dará lugar o 27 de  xullo na praia de Razo, presenta na súa octava edición unha programación seguindo súa liña habitual e volvendo ás orixes. Polo que o Sereas e Piratas 2013 será organizado pola Asociación Cultural Rebeldía e co apoio e colaboración incondicional do Concello de Carballo. Deste xeito contarase, como xa nos teñen acostumados, con música de calidade e o deporte nun lugar previlexiado.

O Sereas e Piratas de día acollerá a xa mítica, e identificativa deste festival, sesión vermú, na que se poderá disfrutar da música en directo e a degustación de comida ó lado da praia. Xa pola tarde haberá diferentes actividades deportivas nas que o surf será o protagonista como sempre, sendo Razo punto de referencia a nivel estatal deste deporte.

A música estará presente durante toda a xornada a pé de praia, dende o día disfrutaremos das mellores bandas galegas emerxentes acompañadas dun cabeza de cartel de nivel estatal, para rematar con sesión de dj xa no Sereas e Piratas de noite.

24 de abril de 2013 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.