O Festival de Xardíns incorpora unha mostra de esculturas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal
A-
A+

O Festival Internacional de Xardíns abre o prazo para a presentación de mostras escultóricas susceptibles de ser expostas ó aire libre durante a nova edición do festival, de maio a outubro.

A incorporación de pezas de arte no recinto do Festival Internacional de Xardíns de Allariz é unha das novidades da próxima edición que arrincará o 17 de maio. Para elo, ábrese o prazo, ata o día 26 de abril, para a presentación de mostras escultóricas susceptibles de ser expostas ó aire libre no recinto de maio a outubro. Unha vez rematado o prazo, a dirección do festival realizará a selección.

Todos aqueles artistas que estean interesados en participar deben contactar co Festival de Xardíns de Allariz no teléfono 988 442 210 ou enviar un email, cun dossier artístico, a festivaldexardins@allariz.com

9 de abril de 2013 | 15:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.