O Estadio de San Lázaro contará con novo céspede

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
Instalación do novo céspede

Instalación do novo céspede

A empresa concesionaria do mantemento dos campos de fútbol de San Lázaro I e II, iniciou os traballos de mellora da superficie de céspede do Estadio de San Lázaro. O obxectivo desta actuación é mellorar as condicións de absorción de auga entre a capa de céspede existente en superficie e a grava de drenaxe, situada a 20-25 centímetros. Os traballos permitirán a rexeneración duns 500 metros cadrados de tepe (céspede precultivado en placas) para a práctica deportiva do fútbol. Este céspede está composto por un 60% de Lolium peremne (12 gr Festa IV e 12 gr Aplaud) e 40% de Poa pratense ( 8 gr Nuglade e 8 gr Brookland), en substrato de 40% en area de sílice con maduración de 16 meses e grosor 4 centímetros.

Estase a proceder tamén á substitución da area inferior contaminada con materia orgánica ata unha profundidade de 20-25 cm por area limpa contra a capa drenante útil efectiva, equivalente a un volume de movemento de material a achegar de 185 Tn de area de sílice.

Os traballos tivéronse que demorar varias semanas, debido ás complicadas condicións climatolóxicas que sufriu a cidade nos últimos meses.

O campo estará listo para o próximo partido que dispute a S.D. Compostela, o domingo 5 de maio.

25 de abril de 2013 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.