O escritor Gonzalo Moure achega o proxecto Bubisher a Allariz
O escritor valenciano Gonzalo Moure achégase mañá ata Allariz para conversar cos alumnos e alumnas dos centros docentes alaricanos, e dar a coñecer o proxecto Bubisher, Biliotecas y Bibliobuses para los campamentos de refuxiados Saharauis.
O escritor de literatura xuvenil estará ás 9:30h no IES de Allariz para ofrecer unha charla ós alumnos/as de 4º da ESO sobre “El cazador de estrellas” de Ricardo Gómez; ás 10:40 comezará unha nova charla cos nenos de 3º da ESO sobre “El beso del Sahara”; e a partir das 12:30h Moure trasladarase ata a Casa de Cultura para ofrecer unha charla sobre “Palabras de Caramelo” ós nenos e nenas de 1º e 2º de ESO e 5º e 6º de primaria. Ademais un grupo de alumnos/as de Ferrol que traballaron no proxecto Bubisher, visitarán ó autor.
Pola tarde, despois da visita ás instalacións da Asociación ANDREA, o autor explicará o proxecto solidario BUBISHER no Fogar do Maior.
O sábado 13 de abril, a Fundación Vicente Risco acollerá a partir das 12:30h unha charla coloquio co escritor, ó que están convidados todos os veciños e veciñas.











