O domingo comezan as carreiras populares do circuíto “Correndo por Ourense 2013”
Máis de 800 ourensáns participarán este domingo na carreira que dá inicio ao “Terceiro circuíto Correndo por Ourense 2013”, organizado polo Consello Municipal de Deportes, en colaboración co Concello de Ourense. A proba terá un percorrido de 6.000 metros para as categorías sénior, veteranos, xuvenil, junior e promesa; 2.400 metros para cadete e infantil, 1.500 metros para benxamín e alevín, e uns 200 metros para “pitufos”.
As probas, que darán comezo ao mediodía (12 h.), provocarán o corte do acceso ao tráfico de varias rúas do barrio do Vinteún, durante toda a mañá do domingo:
-Corte de tráfico: rúa río Corzos, rúa María Soledad de la Cruz, rúa río Mao, rúa río Cobas, e rúa río Avia e rúa río Xares -nos tramos comprendidos entre a rúa de Santiago e río Mao-
-Se habilitará un carril para carreira e outro para a circulación para cada sentido, nas rúas: avenida de Santiago (entre río Camba e rúa Vinteún), rúa Vinteún (entre avenida de Santiago e río Corzos), e rúa río Camba.
Así mesmo, desde mañá venres pola tarde varias zonas de estacionamento do barrio serán valadas:
-Avenida de Santiago (entre río Camba e rúa Vinteún, na marxe dereita).
-Rúa Vinteún (as dúas marxes), entre Avenida Santiago e río Corzos.
-Rúa María Soledad de la Cruz (as dúas marxes)
-Río Camba (as dúas marxes)
O Concello de Ourense roga aos cidadáns desculpen as posibles molestias ocasionadas, e solicita a maior das colaboracións para que a proba se celebre con éxito.
Unha carreira ao mes
A iniciativa propón unha carreira ao mes -con excepción do mes de agosto- polos seguintes barrios: O Vinteún (28 de abril); O Couto (25 de maio); Carreira Nocturna do Corpus, polas marxes do río Barbaña (29 de xuño); A Ponte (20 de xullo) a zona universitaria (29 de setembro) e A Carballeira (27 de outubro).
Esta actividade ten como finalidade animar aos cidadáns de Ourense a que desfruten de practicar deporte, dándolle protagonismo aos diferentes barrios da cidade. A inscrición para todo o circuito custa 5 euros para as categorías junior, promesa, senior e veteranos, e será gratuíta para as demais categorías (pitufos, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil). Para máis información sobre regulamento, inscricións e resultados, pódese acceder á páxina web www.deportesourense.com.
Correndo por Ourense, que chega este ano á súa terceira edición, está organizado polo Consello Municipal de Deportes e Concellería de Deportes do Concello de Ourense, coa colaboración do colexio Divino Maestro, do Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Atletismo Ourense, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca, e o patrocinio de La Caixa, Gadis, Turini, Coca Cola e Pérez Rumbao.











