O director xeral de Medio Rural visita o centro cultural de Vilariño
O alcalde, Luis Aragunde, acompañará ó director xeral de Medio Rural, Antonio Crespo, nunha visita ó centro cultural de Vilariño onde comprobará a posta en marcha da promoción do tenis de mesa nas parroquias cambadesas.
A colaboración do Concello coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) permitiu levar a cabo este proxecto de rehabilitación de infraestruturas para desenvolver a modalidade deportiva do tenis de mesa en todas as parroquias do rural cambadés, iniciativa que contou cun investimento de 77.440 euros.











