O departamento de Cultura de Cambre celebra o “mes dos libros” cunha programación chea de actos
O departamento de Cultura e especialmente as Bibliotecas municipais organizan unha serie de actividades para para conmemorar o mes do Libro. Así, os días 17, 18 e 19, haberá unhas sesións de Conta contos en cada biblioteca especiais que impartirá Paula Carballeira, acompañada de Marta Ríos. Por outro lado, o Día 23 regalarase un libro (ata fin de existencias), a cada persoa que visite as bibliotecas municipais.
Como cita importante do mes destaca o programa ABRILUSTRADO que terá lugar do 23 de abril ao 8 de maio e que se trata dun encontro/taller dedicado ao cómic e está dirixido a alumnos de 3º da ESO dos dous IES de Cambre. Os talleres serán impartidos por Xosé Tomás, Santy Huyeres e Manel Cráneo, tres figuras de recoñecido prestixio no mundo da banda deseñada. Os participantes no taller coñecerán as diferentes técnicas que se usan para elaborar un cómic para despois poñelas en práctica nun taller no que os alumnos serán protagonistas. Neste sentido, terá lugar unha exposición de Ilustración Cómic, arqueoloxía e periodismo na sala de exposicións da Biblioteca Central.
O ABRILUSTRADO levarase a cabo entre o 23 de abril e o 4 de maio e espera contar coa asistencia de máis dun centenar de alumnos de Cambre. Segundo o edil de Cultura, Santiago Ríos, é unha experiencia moi atractiva que poden utilizar os mozos para poñer en práctica os seus dotes artísticos e a súa imaxinación.
Xa os días 24, 25 e 26, haberá sesións especiais do Moucho Leroucho de animación á lectura en cada biblioteca e un acto Bookcrossing de 30 libros de adultos.
E por suposto, a Concellaría de Cultura recorda a convocatoria do I CONCURSO DE VIÑETA CÓMICA CONCELLO DE CAMBRE cuxo prazo de presentación finaliza o 23 de maio de 2013.











