publicidade hoxe

O CPI de Xanceda e o Concello de Mesía convocan o II Certame de Banda Deseñada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMesía
A-
A+

23042013-16O CPI de Xanceda e o Concello de Mesía convocan o II Certame de Banda Deseñada, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2013, no que se homenaxea a Roberto Vidal Bolaño.

No certame pode participar o alumnado de centros educativos do municipio. A participación será individual e a temática, libre. O concurso divídese en tres categorías: infantil, primaria e secundaria.

Tal como recollen as bases, cada estudante poderá entregar todos os traballos que queira, pero dun máximo de dúas follas cada un. As follas deberán seguir o modelo do concurso, que se pode conseguir nos propios centros educativos e na Casa da Cultura de Mesía, situada en Xanceda.

Os traballos serán recollidos nos centros educativos. Deberán levar un título e un número que lles será posto no momento de seren entregados. Unha vez rematado o prazo de entrega, o día 6 de maio, as obras serán expostas no CPI de Xanceda e no blog bdmesia.blogspot.com

O xurado do certame estará composto pola Comisión de Biblioteca do Consello Escolar do CPI de Xanceda, e estará presidido polo ilustrador e deseñador Xosé Tomás. Nas bases establécese que valorará especialmente o uso correcto e creativo da lingua, a orixinalidade, a lexibilidade, a presentación e a historia. Os gañadores daranse a coñecer durante a Semana das Letras Galegas.

En canto aos premios, haberá tres para cada categoría e dúas mencións especiais: unha para o traballo máis votado no blog, e outra para o mellor traballo que utilice como argumento a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013.

As web do web do CPI e do Concello de Mesía publicarán os traballos premiados.

23 de abril de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.