publicidade hoxe

O consorcio solicita formalmente á Conselleira de Medio Rural a cesión da antiga sede do Ligal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal
A-
A+

O Consorcio As Mariñas aposta por trasladar a súa sede a un espazo que dea resposta ás necesidades dos traballadores e do propio ente no seu interese de continuar incrementando o desenvolvemento de programas en beneficio dos cidadáns dos 9
Concellos que o conforman. O presidente, José Antonio Santiso, aproveitou a reunión mantida coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, para solicitalo formalmente a cesión das instalacións que albergaron o LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego de Analise do Leite), en Guísamo.

Santiso explicou á dirixente autonómica que o Consorcio está disposto a acometer as obras de reforma necesarias para o seu uso se se acorda a cesión dende a Consellería. Así mesmo, o órgano comarcal asumiría o mantemento das instalacións.

A conselleira asegurou ao presidente que procederá ao estudo da proposta, que necesariamente ten que pasar polo departamento de Patrimonio, da Consellería de Economía.

O Consorcio As Mariñas está situado dende outubro de 2002 nas naves industriais situadas no Lugar de Bos, en Guísamo. Co incremento da actividade, pronto foi necesario aumentar o espazo, para o que se procedeu ao aluguer das naves lindantes.

Na actualidade, a actividade do Consorcio segue incrementándose e espazo segue sendo limitado. Ademais, ao encontrarse a sede na primeira planta de naves industriais existen problemas de accesibilidade tanto para o persoal coma para os veciños que acoden a realizar xestións, ao non poder contar con ascensor ou con sanitarios na planta baixa.

Todo isto unido á vocación de aforro que busca o Consorcio, levouno a formular esta posibilidade, o que permitiría aproveitar un espazo en desuso actual por parte da Xunta e que ademais se encontra pegado á actual sede. A amplitude das instalacións permitiría, ademais de contar con condicións óptimas para o desenvolvemento do traballo, o desenvolvemento de espazos para ámbitos como o formativo, o emprego ou a creación de empresas, se así o considerasen os Concellos.

Santiso explica que a intención do Consorcio é contar cunha sede “que se adapte mellor ás nosas necesidades e permítanos continuar na senda de optimizar recursos e realizar acción conxuntas dous Concellos en beneficio dous veciños”.

8 de abril de 2013 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.