O “Conciliatardes” ensina a pais e nais a contar historias para contaxiar aos fillos na lectura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O ciclo de obradoiros orientativos para nais e pais posto en marcha a través do servizo municipal do Conciliatardes, Tardes coa Infancia, prosegue mañá cunha sesión que versa sobre o xeito de fomentar a lectura entre os cativos. A actividade desenvolverase entre as 10 da mañá e a unha da tarde na sala de Conferencias do Auditorio e a ela asistirán tanto como pais e nais de nenos usuarios deste servizo, como doutros que non o son, xa que a Área de Igualdade e Benestar a través da que se presta este programa decidiu abrila a toda a poboación.

A sesión de mañá leva por título “Como habitual aos fillos a ler. Aprender a contar historias” e nela os proxenitores coñecerán algúns pequenos trucos para facer que os seus fillos se interesen máis polos libros e as historias que neles se contan. Nos dous obradoiros anteriores tratáronse os temas da conveniencia ou non de axudar aos fillos a facer os deberes e sobre os xogos en familia como método para ocupar o ocio e tempo libre. O ciclo complétase con outras dúas sesións sabatinas sobre Alimentación infantil e Disciplina, normas e límites.

Os obradoiros de formación para pais e nais en temas relacionados coa educación dos seus fillos fanse por vez primeira este ano como unha iniciativa complementaria ao programa socio educativo e de conciliación do Conciliatardes- Tardes coa Infancia. A iniciativa foi ben acollida polas familias posto que se cubriron todas as prazas que se ofertaban. De feito, inscribíronse 22 familias, das cales 16 non son usuarias do servizo. A idea é que pais e nais compartan experiencias sobre temas de utilidade para a educación dos seus fillos a determinadas idades. Os pedagogos e educadores do Conciliatardes asesoraranos sobre os temas a tratar.

19 de abril de 2013 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.