O Concello tramita as axudas para familias con fillos menores de 3 anos
O Concello de Cedeira informa ás familias da localidade con fillos menores de tres anos da apertura da convocatoria das prestaciones económicas para o ano 2013 que leva a cabo a Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia.
Estas subvencións consisten nun pago único de 360 euros por neno e poden tramitarse a través do Departamento Municipal de Servizos Sociais da localidade, situado na terceira planta do Auditorio. O horario é de 10 a 13 horas de luns a venres.
O departamento de Servizos Sociais explica que poderán acceder ás axudas todas as familias con fillos nados entre o 2 de xaneiro de 2010 e o 1 de xaneiro de 2013 nas que, durante o 2011, ningún membro estivese obrigado a presentar declaración da renda nese periodo. Unha axuda especialmente importante nestes momentos de crise económica. Deste xeito, as familias interesadas poden solicitar máis información ou iniciar a tramitación a través do Concello. O prazo conclúe o próximo 11 de maio.











