O Concello reparará dúas tapas da rede de sumidoiros na rúa General Sanjurjo
O Goberno municipal reparará o próximo sábado, 13 de abril, dúas tapas da rede de rede de sumidoiros na avenida de Xeneral Sanjurjo, á altura dos números 108 e 112. Con motivo destes traballos, o Concello terá que realizar cambios na circulación.
As obras de reparación da tapa existente á altura do número 112 de Xeneral Sanjurjo obrigan a ocupar o carril de baixada (sentido entrada á cidade), polo que os vehículos se desviarán de forma provisional a través de sinais. Os traballos que se executarán xunto ao número 108 ocuparán o carril esquerdo de suba (sentido saída da cidade), desviándose a circulación polo outro carril. As obras realizaranse o sábado entre as 08.30 e as 13.00 horas.











