O Concello recorda que mantén aberto o prazo de inscrición para o curso Creación e xestión de empresas: autoemprego
O Concello de Cedeira manterá aberto ata o próximo 3 de maio o prazo para inscribirse no curso “Creación e xestión de empresas: autoemprego”, incluído no proxecto Red Xiana 2 e dirixido a persoas en situación de desemprego. Un programa promovido
e cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña e o Fondo Social Europeo. Deste modo, as persoas interesadas en anotarse nesta acción formativa ou obter máis información poden dirixirse ao Departamento Municipal de Emprego, situado na planta baixa da casa do concello (rúa Real, 15) ou chamar ao teléfono 981 48 00 00.
De igual modo, e como Concello integrado na Rede Xiana, as persoas en situación de desemprego empadroadas en Cedeira tamén poderán optar ás accións formativas que ao amparo deste programa desenvólvanse nos próximos meses nos municipios da área de influencia – Cariño, Cerdido, Mañón, Moeche, Ortigueira e As Somozas-.











