O Concello presenta a MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

03042013-8Como cada primavera, e xa van 18, a Mostra Internacional de Teatro de Ourense consolida a nosa cidade como referente nas artes escénicas. Esta mañá presentouse esta nova edición no Teatro Principal, coa presenza da Concelleria de Educación e Cultura, Ana Garrido, o director da MITEU, Fernando Dacosta, a Vicerreitora do Campus, María Lameiras, e a Xerente do Teatro, Olga Mojón.

Esta nova edición da MITEU se inaugura o vindeiro día 12 e prolóngase ata o 27 de abril. Ourense acollerá grupos de teatro de 12 países, entre teatro profesional, e teatro universitario. Ademáis contará con 17 grupos universitarios, entre os que estarán os de todos os campus de Galicia, tal e como explicou o director da Miteu, Fernando Dacosta.

O Auditorio Municipal, Campus, Teatro Principal, e a propia rúa acollerán os espectáculos. Tamén hai programados tres concertos – Best Life, Budiño e Ménage à Trois -, espectáculo de maxia con Moroco, Mago Cómico, un documental de Médicos Sen Fronteiras, así como un curso sobre artes performativas de Oriente e unha exposición sobre Tunisia, Unha ollada á cooperación. Varios grupos representarán pezas de Roberto Vidal Volaño, que é o dramaturgo ao cal se adica este ano o Día das Letras Galegas.

En total son uns 65.000 euros de orzamentos para todas as actividades das que a Concello de Ourense aporta 33.600 euros, medios técnicos, e colaboración cos centros de ensino a través da Concellería de Educación.

3 de abril de 2013 | 15:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.