O Concello pechará o 30 de abril o prazo para presentar os traballos ao Concurso de Carteis da XXV Festa do Pan de Neda
O Concello de Neda pechará o próximo martes, 30 de abril, o prazo pa-ra presentar os traballos ao Concurso de Carteis da XXV Festa do Pan de Neda. Deste xeito, a con-celleira de Promoción Turística, Montse Rico, invitou a todos os interesados a achegar as súas pro-postas antes desta data na casa consistorial (Área de Turismo, Avda. de Alxeciras, 34, 1º Neda) en horario de mañá (de 9 a 14 horas). O certame está dotado economicamente cun premio de 300 euros e del sairá a imaxe que anunciará esta festa de exaltación do producto por excelencia da real vila nun ano, o 2013, moi especial, xa que se cumpre o seu primeiro cuarto de século.
Neste contexto, a edil iniciaba ante a Xunta os trámites necesarios para solicitar a Declaración de Interese Turístico de Galicia para a festa, estreaba nova imaxe corporativa da cita e activaba unha campaña de adhesión de apoios á iniciativa entre hostelería e cidadanía en xeral, así como de pro-moción do producto. E nese contexto se encadra o concurso, unha acción máis para continuar poñendo en valor esta cita a través da participación cidadá.
O cartel pode realizarse en calquer técnica, sempre e cando sexa posible a súa reproducción en soporte papel. Debe incluír necesariamente a lenda “XXV Festa do Pan de Neda-1 de setembro de 2013”. Será un xurado formado polo alcalde, a concelleira de Turismo, dous representantes dos grupos políticos que integran a corporación municipal, un membro do sector panadeiro e un artis-ta de recoñecido prestixio (previamente designado na Comisión de Delegados de área), xunto co secretario municipal, o que elixa o cartel gañador. Así mesmo, todos os traballos pasarán a formar parte dunha exposición colectiva que organizará a Concellería de Promoción Turística. Por último, a edil de área, Montse Rico, animou á cidadanía a participar nesta cita.











