O Concello organiza obradoiros de confección de prendas para o Arde Lucus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua organiza dous obradoiros para confeccionar prendas e complementos para a festa do Arde Lucus.

Un dos obradoiros é para a confección de vestiario e o outro para aprender a facer complementos como sandalias, coroas de froles, grebas, brazaletes e muñequeiras, entre outros.

Estas actividades desenvolveranse na Casa da Xuventude todos os sábados, ata o 8 de xuño, entre as 11.00 e as 13.00 horas.

As persoas interesadas en participar neles deben levar tanto as telas como os outros materiais necesarios para a confección dos complementos.

23 de abril de 2013 | 15:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.