O Concello mellora o núcleo de Gabián e os accesos a Abilleira en Verducido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra está a realizar nestas semanas traballos de arranxo e acondicionamento do lugar do Gabián, na parroquia de Verducido. Estas obras están practicamente rematadas e foron visitadas esta mañá polo concelleiro delegado da parroquia, Miguel
Filgueira, quen tamén se achegou ao lugar de Abilleira, na mesma parroquia, para coñecer os traballos de construcción dun muro que levaron as últimas riadas da parroquia.

No Gabián o Concello acometeu un arranxo xeral de toda a zona coa mellora do firme, a canalización das augas pluviais coa creación de cunetas e sumidoiros, repintado da sinalización horizontal e colocación dun valo de seguridade nunha pontella da zona. Ademais, púxoselle unha iluminación artística a un carballo centenario que hai na zona, e que é punto de referencia para os veciños do lugar.

Logo de visitar O Gabián, o concelleiro achegouse até o lugar de Abilleira para observar os traballos de reconstrucción dun muro durante as riadas do último inverno. O derribo do muro supuxo que a estrada de acceso ao lugar por este punto quedase intransitable durante todo este tempo.

Arranxar o muro tamén permitiu retranquealo. Ancheouse a estrada, asfaltouse e tamén se canalizaron as augas pluviais, mellorando
substancialmente a circulación pola zona.

26 de abril de 2013 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.