O Concello inicia as obras de acondicionamento do ámbito do instituto
O Concello de Cedeira iniciou a pasada semana as obras de acondicionamento do ámbito do instituto Punta Candieira. Os traballos contan cun presuposto de 12.000 euros e, segundo o cronograma municipal, culminarán o próximo mes de maio.
A intervención desenvólvese na rúa Instituto. Trátase dunha zona de grande afluencia pola presencia no ámbito do centro educativo, establecementos comerciais e instalacións deportivas como o pavillón ou o campo municipal de fútbol. O paso do tempo causou efecto
no aglomerado e, coas obras, preténdese dar resposta á situación.
Así, ademais de proceder ao aglomerado do vial, realizaranse outros traballos para a eliminación de barreiras arquitectónicas tales como a demolición de tramos de beirarrúa para rebaixalos á altura dos pasos de peón ou a construción de pavimento táctil indicador de botóns.
Na mesma obra se acondicionará tamén o aparcadoiro existente fronte ao instituto e se limitará o aparcadoiro de vehículos a un só lateral da devandita rúa, coa intención de solucionar os problemas que veñen tendo os buses do transporte escolar, que ás veces vehículos aparcados impiden o seu paso cara ao centro educativo.











