O Concello inicia a tramitación das axudas para a atención á infancia en escolas infantís non sostidas con fondos públicos
A concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, Leonor Canosa, informou esta mañá ás familias de Neda con fillos meno-res de tres anos da apertura da convocatoria das prestacións económicas para a atención á primeira infancia en escolas infantís de cero a tres anos non sostidas con fondos públicos. Convocatoria que promove a Consellería de Traballo e Be-nestar da Xunta de Galicia.
Todas as familias interesadas en solicitar dita axuda terán que presentar a solici-tude antes do 26 de maio na Oficina Municipal de Servizos Sociais da localidade, sita na pranta baixa da casa consistorial. O horario é de 9 a 14 horas os luns, martes, xoves e venres.
En función da renta dos beneficiarios, os importes das axudas van dende os 45 ata os 180 euros mensuais se solicitan só atención educativa e de 45 euros ata 250 euros se a esta se suma o servizo de comedor.











