O Concello informa de que comezan as obras de recollida de pluviais na rúa Reyes Magos
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa de que a partir de mañá, martes 9 de abril, comezan os traballos de mellora de recollida de pluviais na rúa Reyes Magos.
As obras, que contan cun presuposto de 11.329,87 euros, serán executadas pola empresa LOYLESA e consistirán na mellora da recollida de auga de chuvia coa implantación dun maior número de sumidoiros co obxectivo de solucionar o estancamento temporal de augas pluviais, tal e como acontece na actualidade. Ademais, os traballos inclúen a implantación de novos elementos de recollida superficial e a súa posterior conexión á rede municipal xeral.
Esta actuación enmárcase dentro plan municipal de mellora e acondicionamento da cidade que, entre outros traballos, comprende a modernización e mellora da rede de saneamento en diferentes puntos do municipio.











