O Concello informa de cambios provisionais na circulación por obras en Eirís e Pocomaco

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► A Coruña ► Local ▼
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producirán na circulación no barrio de Eirís e no polígono industrial de Pocomaco durante os próximos días.

– Os traballos de canalización da rede de Unión Fenosa na rotonda de Eirís -na suba do ramal de acceso ao túnel- afectarán á circulación de vehículos nun só carril, manténdose o tráfico polo outro carril da glorieta e o acceso á obra do Ofimático. Esta obra empezará mañá, martes 30 de abril, e calcúlase que obrigará a manter os cambios no tráfico durante 24 horas.

– A entrada de vigas para o viaduto na obra da Terceira Rolda tamén supoñerá modificacións na circulación na glorieta de Pocomaco.

En concreto, será necesario realizar cortes de tráfico na estrada de acceso ao polígono, en ambos os dous sentidos, durante as noites do 2 ao 3 de maio e do 3 ao 4, en horario de 23.00 a 06.00 horas. O tráfico de vehículos desviarase pola estrada do Birloque e, en todo momento, haberá sinais que informen desta ruta alternativa.

29 de abril de 2013 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.