O Concello informa de cambios na circulación con motivo do Día dos Traballadores
O Concello da Coruña informa dos cambios na circulación que, de xeito provisional, se producirán o próximo mércores, 1 de maio, con motivo do Día dos Traballadores. A Concellaría de Seguridade Cidadá e Mobilidade preparou un dispositivo que garanta os actos programados polas centrais sindicais e que canalice o tráfico polas rúas da cidade.
A Policía Local definiu un servizo extraordinario para as tres manifestacións e unha concentración prevista para o mércores. Así, a CIG arrancará o seu percorrido ás 12.00 horas da praza de Vigo e concluirá xunto á Subdelegación do Goberno. Á mesma hora, UGT e CCOO sairán da praza da Palloza e chegarán ata o Obelisco. Ás 12.30 horas, celebrarase unha manifestación da CGT entre a praza de Pontevedra e a praza do Humor. Tamén está prevista unha concentración da Central Obreira Galega (COG) diante da Subdelegación do Goberno, entre as 11.15 e as 12.15 horas.
A continuación, achégase un cadro cos puntos da cidade onde será necesario modificar a circulación o próximo mércores, 1 de maio:
|
SITUACIÓN |
CAMBIOS DE TRÁFICO |
|
Avenida de Alfonso Molina / Enlace a Castiñeiras |
Desvío cara Federico Tapia |
|
Plaza de A Palloza / Concepción Arenal |
Desvío por Concepción Arenal |
|
Cuesta de A Palloza / Primo de Rivera |
Desvío cara Cuesta de A Palloza |
|
Cuesta de A Palloza / Cuatro Caminos |
Desvío cara ronda de Nelle |
|
Federico Tapia / Marcial del Adalid |
Corte e desvío por Federico Tapia |
|
Linares Rivas / Marcial del Adalid |
Prohibido xiro cara Linares Rivas (e cara Primo de Rivera se ocupan os dous sentidos de circulación) |
|
Alférez Provisional / Alcalde Manuel Casás |
Desvío cara a avenida da Marina |
|
Alférez Provisional / Entrejardines |
Desvío cara Alcalde Manuel Casás |
|
Plaza de Ourense / Picavia |
Corte e desvío do tráfico |
|
Santa Catalina / Cantón Grande |
Corte e desvío do tráfico |
|
Avenida de la Marina / Ambrosio Feijóo |
Corte e desvío do tráfico |
|
Manifestación da CGT (Plaza de Pontevedra) |
|
|
Plaza de Pontevedra con Payo Gómez e con Teresa Herrera |
En caso de ser necesario, desviarase o tráfico por Teresa Herrera |
|
Juana de Vega – Acceso túnel |
Desvío da circulación polo túnel mentras non cheguen a Rúa Nueva |
|
San Andrés con Pastoriza |
Desvío da circulación cara Santa Catalina |
|
San Andrés con Rúa Alta |
Desvío da circulación de San Andrés por Rúa Alta |
|
Marchesi e Dalmau – Cantón Grande |
Corte de Rúa Nueva |











