publicidade hoxe

O concello de Vimianzo celebra mañá a décimo segunda edición do Xantar dos Maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVimianzo
A-
A+
Instalacións listas para o ágape

Instalacións listas para o ágape

Os traballadores municipais ultiman hoxe os detalles para que mañá todo estea a punto para o XII Xantar dos nosos maiores, un evento que congregará a 1200 persoas maiores de 60 anos no pavillón municipal, que participan, unha vez máis, de xeito gratuíto nunha xornada de confraternización veciñal compartindo mesa e conversa. A partir da unha do mediodía abriranse as portas e o pavillón irá enchéndose completamente de veciños e veciñas chegados das catorce parroquias do concello dispostos a gozar dunha xornada festiva, ao longo de toda a xornada a ta a noitiña diferentes actuacións teatrais e musicais amenizarán o xantar, polo que a diversión neste día de festa está asegurada. 

Manuel Antelo agradece dun xeito especial a colaboración das máis 80 persoas, tanto traballadores municipais coma voluntariado das diferentes parroquias, que desinteresadamente se ofreceron a colaborar co concello para que esta festa se poida levar a cabo.

26 de abril de 2013 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.