Vilagarcía lembra ás comisións de festas a nova normativa sobre o uso de pirotecnia en terreos de influenza forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Ante a proximidade da época estival e a multitude de festas que se celebran neses meses en todas as parroquias da xeografía municipal, o Concello lembra ás comisións de festas a nova normativa que se debe cumprir para previr incendios forestais e que afecta de forma moi concreta á utilización de pirotecnia nos actos festivos. O uso de foguetes, fogos de artificios, bombas e outros elementos pirotécnicos debe contar coa previa autorización administrativa si se vai a producir en zonas forestais ou de influenza forestal.

Segundo vén de comunicar a Consellería de Medio Rural e do Mar, a normativa establece que durante a época de risco de incendios, en todos os terreos forestais e zonas de influencia forestal, a utilización de fogos de artificio e doutros artefactos pirotécnicos relacionados coa celebración de festas locais ou de arraigada tradición cultural está suxeita á autorización previa do respectivo Concello.

Á hora de tramitar o permiso, as comisións e organizacións de festas deben aportar un plano detallado do lugar no que se celebra o espectáculo, indicando as distancias de seguridade entre as zonas de disparo e puntos onde estea prevista a presenza de público, así como elementos singulares, de especial risco ou das masas forestais. Tamén a relación de artificios pirotécnicos a disparar, detallando tipo e cantidade e unha copia da póliza de seguros.

Os interesados deben solicitar as autorizacións ante o Concello cunha antelación mínima de 15 días á celebración do evento, a efectos de que a administración local dispoña de tempo a tramitar o permiso e comunicarllo ao distrito forestal correspondente cunha antelación mínima de 48 horas.

30 de abril de 2013 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.