O Concello de Vigo promove unha nova edición do IV Certame de Arte Infantil

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Vigo ▼
A-
A+
Unha das obras infantís

Unha das obras infantís

O Concello presenta unha nova edición do “IV Certame de Arte Infantil” para a promoción da creatividade na escola, que vai dirixido a toda a Comunidade Educativa da nosa cidade. Por cuarto ano consecutivo, os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos Colexios de Vigo poderán presentar os seus traballos máis creativos para participar neste Certame, que xa se consolidou como a gran festa da creatividade e a arte.

A participación é moi doada: tan só hai que mandar un correo electrónico cunha imaxe por cada unha das obras que queiran optar ó certame, con todos os datos do alumno/a (nome completo, colexio, curso e teléfono) antes do día 31 de maio á seguinte dirección: artemingos@artemingos.com

De entre todas as obras presentadas elixiránse 100 finalistas. O persoal do programa recollerá os traballos directamente nos colexios, e pasarán a formar parte da Mostra que se levará a cabo na segunda quincena de xuño na Lonxa do Concello. Tamén se fará unha entrega de premios ós gañadores de cada categoría, nun acto a celebrar o 22 de xuño e que incluirá espectáculos de humor e maxia. Os colexios optan tamén en conxunto ó premio ós máis participativos.

Os obxectivos que persegue o Certame son os seguintes:

– Incentivar a creación artística en todos os ámbitos entre o alumnado de Vigo.

– Fomentar a relación entre centros escolares no ámbito artístico.

– Valorar a importancia da creatividade como medio de interrelación co entorno.

– Achegar o mundo da imaxinación e a creatividade á comunidade escolar da nosa cidade.

23 de abril de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.